Estará en Lousame o 17 e o 18 a unidade de ITV para vehículos agrícolas

ITV
Suso Souto
A unidade móbil de ITV para vehículos agrícolas estará este mes en Lousame. Foto: G.

LOUSAME. A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase este mes ao Concello de Lousame. Concretamente estará os vindeiros día 17 e 18 na explanada do cemiterio de Tállara. O horario de atención será de 09.00 a 13.30 pola mañá e de 15.15 a 18.00 pola tarde. O servizo prestarase o día 17 en horario de mañá e tarde, mentres que o día 18 será só de mañá. Para solicitar cita previa as persoas interesadas deben chamar ao número de teléfono 902 309 000 ou ben a través da páxina web www.sycitv.com. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias. Syc Applus+ conta con dez estacións móbiles que percorren toda a xeografía galega para a inspección de vehículos lixeiros, agrícolas e ciclomotores/motocicletas. S. S.