Este mércores proxectan ‘Cuñados’ no exterior da casa da cultura lousamiá

Cinema
Suso Souto
Federico Pérez, esquerda, Touriñán e Miguel de Lira protagonizan Cuñados. Foto: Filmaffinity

lousame. O exterior da casa da cultura de Lousame será o vindeiro mércores día 3 a partir das dez da noite o escenario da proxección da película Cuñados, a comedia galega máis taquilleira da tempada, protagonizada por Miguel de Lira, Xosé Antonio Touriñán e Federico Pérez. A actividade enmárcase no programa Visións, que tamén contempla para o mércores 17 á mesma hora e no mesmo lugar a proxección do documental O gran Camiño, narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, dous cineastas que deciden cargar as cámaras nas súas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o Camiño de Santiago. s.s.