Exitoso recital de alumnos da Aula Galega de Saxofón no conservatorio ribeirense

Conservatorio de Música
Suso Souto
concertos. Hilomi Sakaguchi e Xavier Larsson, terceira e cuarto pola esquerda, tras os concertos que ofreceron, xunto con alumnos e profesores da Aula Galega de Saxofón. Foto: C.

RIBEIRA. O Conservatorio Profesional de Música de Ribeira acolleu os concertos da Aula Galega de Saxofón. Os profesores Hilomi Sakaguchi (pianista xaponesa afincada en Francia, profesora do Conservatorio Jaques Thibaud de Burdeos) e o saxofonista menorquín Xavier Larsson puxeron o broche final a cada unhas das audicións interpretando o concerto para saxofón de Alexandr Glazunov. A aula retomará os encontros en febreiro co profesor titular, Xabier Casal. Por outro lado, este mércores tivo lugar un recital de piano a cargo de Michelle Pena González. Esta exalumna do mencionado centro de formación ribeirense está a punto de rematar os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Galicia e o programa que interpretou en Ribeira foi moi similar ao que formará parte do seu recital de fin de carreira. s. s.