Extinguido un incendio nunha vivenda abandonada en Ribeira

Incendio
Suso Souto
Camión de bombeiros no lugar do incendio. Foto: C.R.

Efectivos do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Ribeira sofocaron na tarde deste mércores un incendio nunha vivenda en aparente estado de abandono na rúa Mariño de Rivera da cidade, indo en dirección ao parque periurbano de San Roque. A alerta prodúxose en torno ás catro e media e ata o lugar do lume acudiron GAEM, Bombeiros de Ribeira e Policía Local. Tamén foi mobilizada unha ambulancia do 061 por se houbese algunha vítima. Afortunadamente, os danos foron unicamente materiais, ardendo diversos elementos como mobles, roupa e outros enseres. Os traballos de extinción estendéronse ata as seis da tarde.