Fabiola García enarbola en Ribeira a bandeira do autismo

Autismo
Suso Souto
Fabiola García, ó micrófono, na súa intervención no acto celebrado por Amicos en Ribeira. Foto: Xunta

A conselleira de Política Social, Fabiola García, pediu avanzar xunto ás persoas con autismo cara unha sociedade sen estereotipos durante a súa intervención nun acto organizado por Amicos en conmemoración do Día Mundial do Autismo. A cita, que tivo lugar este mércores en Ribeira, ten como obxectivo visibilizar esta efemérides, que se celebra o venres, 2 de abril.

A conselleira remarcou que en días coma esta faise máis necesario ca nunca amosarlle ao mundo do que son capaces as persoas con autismo. Neste sentido, agradeceu a Amicos a súa implicación todos os días do ano para darlle ás persoas con autismo e ás súas familias as ferramentas necesarias para o seu libre desenvolvemento e para gañar en autonomía.

Destacou tamén que o Goberno galego seguirá colaborando coas entidades de discapacidade para acompañar ás persoas con autismo desde a infancia, a través da rede de unidades de atención temperá; e durante a xuventude, a través da educación e a formación profesional específica; e a madurez, con centros de día e ocupacionais que axuden á súa integración.