‘Facer Camiño’ estará na casa da cultura outense ata o un de decembro

Exposición
Esperanza Pouso
A mostra conta con 23 obras que se recollen nun catálogo editado pola Real Academia Galega de Belas Artes. Foto: C. O.

OUTES. A casa da cultura de Outes acolle a mostra titulada Facer camiño ata o 1 de decembro. Esta integra o traballo colectivo, itinerante e coordinado dalgúns dos máis destacados artistas galegos na que asocian o arte co Camiño de Santiago. Percorrerá as 7 grandes cidades galegas, así como diferentes vilas como Tui, Cee, Mondoñedo e agora Outes. A mostra conta con 23 obras que se recollen nun catálogo editado pola Real Academia Galega de Belas Artes e que reúne as creacións de doce académicos. Trátase dunha representación simbólica do periplo creativo, plástico e visual polo que discorre a Ruta Xacobea, onde se concede un rol especial ás artes gráficas, pero tamén ao óleo, aos aceiros manuscritos e á escultura. A exposición pódese ver de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 11.00 a 13.00 horas. m. C.