Fomentan a venda dos excedentes agrarios a través da web DEANshop

Agricultura
Suso Souto
A presidenta da asociación comercial DEANshop, Noelia Hermo, esquerda, e a concelleira de Promoción Económica, Charo Varela. Foto. C.P.

A POBRA. O Concello da Pobra vai poñer en marcha un proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios, que tamén redunda na posta en valor das verduras, hortalizas e legumes que a veciñanza do municipio cultiva nas súas hortas, ao tempo que se achegan eses produtos ao mercado dun xeito sinxelo. Baixo esta premisa, estará a disposición das persoas produtoras a páxina web DEANshop coa finalidade de que poidan vender directamente os seus excedentes agrarios. O vindeiro martes 5, ás 20.00 horas, terá lugar unha reunión informativa nas instalacións do coworking. As persoas interesadas en recibir máis datos poden anotarse a través do teléfono 981 843 280. A asociación comercial DEANshop habilitará na plataforma dixital un apartado chamado Quilómetro 0 para a venda dos excedentes. S. S.