Formoso ofrece apoio a Jealsa ante os trámites para a súa reconstrución

Conserveras
Suso Souto
VISITA. José Ramón Romero, esquerda, Valentín González e Jesús Alonso. Foto: D.C.

BOIRO. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este venres a empresa Jealsa de Boiro, onde se atopou cun cadro de persoal e directiva “motivados para facer fronte á reconstrución” despois do incendio do pasado sábado. Acompañado do presidente da compañía, Jesús Alonso Escurís, e do alcalde, José Ramón Romero, amosou o compromiso provincial para dar apoio á empresa na súa reactivación. Á súa vez, resaltou o traballo desempeñado polos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira, pertencentes ao Consorcio Provincial Contraindencios, nas tarefas de extinción do lume. As lapas afectaron a 11.000 m2, dos 79.000 cos que conta este complexo do Bodión, que acolle unha empresa referente na industria galega e española que factura arredor de 700 millóns e dá emprego a 5.300 persoas. s. s.