Galas de Manoele de Felisa e Curiel gratis en Rianxo

Conciertos
Marcos Manteiga
O cantautor Xoán curiel vai actuar en Rianxo o vindeiro día 22. Foto: XC

Rianxo. A sala Arcos Moldes de Rianxo acollerá un concerto a cargo de Manoele de Felisa o 16 de outubro, 21.00 horas. A entrada é de balde con reserva previa no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 183 217, do 05 ao 14 de outubro, de 09.00 a 13.30 horas, en días laborais. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio. Ademais, o xoves 22 de outubro será o cantautor Xoán Curiel quen ofrecerá un concerto ás 18.00 horas no auditorio de Rianxo (entrada de balde en biblioteca@concelloderianxo.gal). m.m.