Gaña superficie e estrea videomarcador o pavillón Agustín Mourís de Noia

Instalacións deportivas
Suso Souto
visita. Pola esquerda, García, Ana García, Lete, Salgado, Barreiro, Calvo, Freire e Trenor. F: X.

noia. O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este venres o pavillón municipal de Noia Agustín Mourís, no que a Xunta investiu máis de 50.000 € en melloras. Destináronse 38.500 € á ampliación da cabida, orzamentada en 48.172 €, e 12.000 € á instalación dun videomarcador, cuxo custo foi de 15.000 €. A ampliación permite sumar 66 m2 na zona superior do corpo auxiliar do pavillón, e dispoñer dunha maior cabida de público e dunha sala de prensa. Asistiron tamén o alcalde, Santiago Freire; a edil de Deportes, Laura Salgado; a deputada Ana García; o xefe do servizo provincial de Deportes, Roberto García; e o presidente do Noia Futsa, Severo Barreiro. s. souto