Gardacostas comisou en Aguiño 6,2 quilos de polbo e 7,8 de choco

Pesca ilegal
Suso Souto
Axentes de Gardacostas comisando as capturas de polbo e choco en Aguiño.

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron este xoves no porto ribeirense de Aguiño 6,2 quilos de polbo e 7,8 quilos de choco que excedían do cupo a dúas persoas que ían a bordo dunha embarcación deportiva. O máximo de polbo que se pode capturar por licencia son dúas pezas e de cantidade hasta un máximo de cinco quilos. O produto requisado foi entregado a un centro benéfico.