Heredia resalta en Boiro a relevancia económica da carpintería de ribeira

Construccion naval
Suso Souto
visita. Pola esquerda, Gerardo Triñanes, Elena Fabeiro e Manuel Heredia. Foto: Xunta

BOIRO. O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou en Boiro as instalacións de Asteleiros Triñanes, unha carpintería de ribeira con máis de 40 anos de traxectoria que forma parte da marca Artesanía de Galicia. Estivo acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e destacou a relevancia da actividade como un dos oficios artesanais con maior tradición, ao tempo que conta cun gran potencial comercial tanto para actividades profesionais, como a pesca ou a acuicultura, como para actividades de lecer. A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira conta con 20 estaleiros asociados, dos que 10 son carpinterías de ribeira artesanais inscritas na marca Artesanía de Galicia. A actividade é un oficio tradicional que forma parte do patrimonio inmaterial e da cultura marítima galega. Suso souto