Inaugurada a exposición escolar ‘Descubrindo o mundo’ en Cabo de Cruz

Exposición
Suso Souto
OS PROTAGONISTAS. Grupo de escolares de Boiro que crearon a exposición. Foto: C.B.

BOIRO. O centro social de Cabo de Cruz (Boiro) acolle este mes a mostra Descubrindo o mundo, un proxecto realizado pola comunidade educativa do CEIP Santa María do Castro. A concelleira de Cultura, María Outeiral, a directora do centro, Lucía Abad, e alumnado do centro participaron este venres na apertura da mostra, que parte dun proxecto escolar sobre o centenario da primeira volta ao mundo e a vida do autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, Florencio Delgado, quen tivo que saír do país e exiliarse. Esta iniciativa fíxose con materiais procedentes de diferentes lugares do mundo, e cada un dos obxectos que a compoñen ten unha historia detrás que conta un relato diferente: de cariño, de solidariedade, de aventura, de supervivencia... Unhas historias que, ao unilas, arroxan a trama da vida da nosa comunidade. suso souto