Inaugurado en Escarabote un mural sobre a inclusión

Inclusión
Suso Souto
INAUGURACIÓN. Asistentes á inauguración do mural deseñado por Nove Noel. Foto: C.B.

BOIRO. O exterior da escola unitaria da localidade boirense de Escarabote loce xa un mural de gran tamaño para promover a inclusión e a igualdade. Trátase dunha iniciativa do Sporting de Lampón (no marco do seu cincuentenario) que contou co apoio do Concello e na que se implicaron tamén a asociación de veciños de Lampón e as entidades Ambar e Pedra da Aroña. O deseño foi realizado polo artista Nove Noel. O mural ten representadas as cores do club, así como outros símbolos propios do municipio e da parroquia de Lampón, como o Pazo de Goiáns ou o mar. “Este mural realizado grazas ao Concello de Boiro representa o esforzo e a loita dos cincuenta anos que acabamos de cumprir como club no Sporting de Lampón”, afirmou o delegado do club. Á inauguración asistiron os concelleiros de Deportes, Marcos Fajardo, e de Servizos Sociais, Raúl Treus, así como directivos e xogadores da entidade e veciños da localidade. Suso souto