Iniciada a construción do novo auditorio de Ribeira

Infraestruturas
Suso Souto
Traballos de valado da parcela na que se vai construír o novo auditorio de Ribeira: Foto. C.R.

RIBEIRA. A UTE formada polas empresas Xestión Ambiental de Contratas S.L. e Prace Servicios y Obras S.A. iniciou este luns as obras de construción do novo auditorio municipal de Ribeira. Os operarios despregaron xa o valado da parcela de 1.372 metros cadrados situada xunto á Praza do Centenario, na que se vai levantar unha instalación que conta cun investimento de 3.977.964,69 euros, IVE incluído, e cun prazo de execución de quince meses. A futura edificación contará con catro ámbitos diferenciados: a sala principal do auditorio, a sala polivalente, a aula de ensaios e o vestíbulo. Estará composta de dúas plantas sobre rasante, unha planta semisoto e un soto. A composición en planta nace da condición de edificio público, xerando espazos de relación xenerosos e á vez polivalentes. O edificio, cofinanciado nun 80 % con fondos Feder, preséntase como dous grandes volumes que se relacionan a través dun gran baleiro: o vestíbulo. s. s.