Instalan a pérgola para a terminal de buses ribeirense

Infraestruturas
Suso Souto
Inicio das obras da nova terminal de autobuses de Ribeira. Foto: C.R.

ribeira. A UTE formada polas empresas Canarga S.L. e Abeconsa S.L.U. iniciou este martes a construción da pérgola da nova terminal de autobuses de Ribeira, que conta cun orzamento de 284.707 €. A infraestrutura estará conformada por cinco grandes bóvedas en forma de tella de 14,35, 13,14, 11,56, 14,91 e 13,79 metros de longo, con alturas que oscilan na parte superior entre os 4,15 e os 4,65 metros. Paralelamente, licitouse unha obra dirixida a reformar unha das naves portuarias aledañas coa fin de habilitar unha zona de espera, así como ofrecer servizos como despacho de billetes. O seu orzamento base de licitación é de 71.847 euros, IVE incluído, e hai sete empresas interesadas. s. s.