José Luis Rodríguez Ruza exhibe no Lustres Rivas ‘Xanelas’, 35 fotos dixitais

Exposición
Suso Souto
INAUGURACIÓN. María Sampedro e José Luis Rodríguez, na apertura da mostra. Foto: C.R.

RIBEIRA. Un total de 35 fotografías dixitais compoñen a exposición Xanelas, de José Luis Rodríguez Ruza, que dende este martes pode visitarse no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira. A inauguración estivo presidida pola edil de Cultura, María Sampedro. O autor, nado en Guadalaxara en 1952 e residente dende 2015 en Portosín, comentou a magnífica acollida que se lle dispensou na comarca do Barbanza cando se afincou nela e resaltou o papel de deixar voar a imaxinación á hora de mirar unha foto. As imaxes están tomadas entre 2020 e 2022 cunha cámara Fujifilm X-100F. Nelas, a xanela cobra un papel protagonista. Rodríguez ten exhibido a súa obra en varias exposicións colectivas en Madrid nos anos 80 e, máis recentemente, no Real Club Náutico de Portosín e, de forma individual, nas casas de cultura de Outes, O Son e Valga. s. s.