José Manuel Noal é o novo tenente da Garda Civil de Boiro

Guardia Civil
Suso Souto
Pola esquerda, José Manuel Noal, José Ramón Romero e José Manuel Somoza. Foto: C.B.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu este xoves na casa consistorial ao novo tenente da Garda Civil de Boiro, José Manuel Noal, para darlle a benvida ao cargo e trazar liñas de traballo conxunto en materia de seguridade no municipio. Na xuntanza estivo tamén o oficial-xefe da Policía Local, José Manuel Somoza. O alcalde deulle a benvida ao cargo e aproveitou a xuntanza para analizar con el a situación do municipio e expoñerlle cales son as maiores preocupacións do Concello e cuestións a atallar en materia de seguridade. José Ramón Romero desexoulle moita sorte no desenvolvemento do seu traballo e ofreceu a colaboración do Concello para manter a sintonía e colaboración entre ambas institucións pola seguridade da veciñanza. “É fundamental a colaboración entre as distintas forzas e corpos de seguridade para aumentar e mellorar a calidade dos servizos e garantir a seguridade da veciñanza”, afirmou Romero.