Laura Novelle presentou o seu libro ‘Cuando me digas te quiero’ na Pobra

Literatura
Suso Souto
ACTO MUSICAL. Unha alumna da Escola de Música da Pobra tocando o piano na presentación do libro; na mesa, pola equerda, Patrica Lojo, Cristina Andrade e Laura Novelle. F: C.

a pobra. A escritora Laura Novelle, natural do Carballiño e afincada na Pobra, presentou no auditorio do Museo Valle-Inclán desta última localidade o seu terceiro libro: Cuando me digas te quiero. Trátase dunha novela de ficción que parte da vida de soño que leva Nora ata que se trastornan as súas certezas e, co apoio incondicional da súa irmá, emprenderá un camiño de reconstrución persoal a través dunha viaxe que lle ensinará a aceptar a súa nova realidade. No acto, que contou con Cristina Andrade como presentadora e co acompañamento musical a cargo da Escola de Música da Pobra, a edil de Cultura, Patricia Lojo, puxo en valor a literatura como un eixo vertebrador da cultura, e a importancia de fomentar a lectura como un hábito, non só pola súa compoñente lúdica, senón tamén reflexiva e educativa, sobre todo nas idades temperás. s. souto