Licitan a obra das redes de fecais e auga en Frións

Abastecemento de auga
Suso Souto
Vial de Frións, núcleo no que se acometerán as obras de saneamento e abastecemento. Foto: C.R.

Ribeira. O Concello de Ribeira sacou a licitación as obras de saneamento, pavimentación e abastecemento no lugar de Frións, en Carreira. O proxecto prevé a instalación dunha tubaxe de 723 metros de longo e 315 milímetros de diámetro, e 25 pozos de rexistro para as augas residuais, así como unha rede de 556 metros para a auga potable.

En canto aos pavimentos, nos ramais reporase toda a superficie cunha capa de aglomerado asfáltico, mentres que nun camiño sen pavimentar manterase o firme actual de zahorra.

O orzamento de licitación ascende a 154.081 euros, IVE incluído, e o período de execución é de tres meses. O prazo de presentación de ofertas conclúe o seis de abril. s. s.