Licitarase de novo o módulo de atletismo da Fieiteira

Instalacións deportivas
Suso Souto
José Ramón Lete, esquerda, e Manuel Ruiz. Foto: C.R.

Ribeira. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, mantivo unha reunión co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, quen lle confirmou que a licitación da construción do módulo de atletismo cuberto no complexo polideportivo da Fieiteira terá que repetirse no primeiro trimestre de 2022, ó non prosperar a que se levou a cabo en xullo por 900.000 €.

Será logo de actualizar algúns dos custes incluídos no proxecto, de tal xeito que o prezo material por contrata ronde os 1,5 millóns de euros.

Terá zona de adestramento cuberta para atletismo, con pista de 5 rúas, zona de saltos e lanzamentos, ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para taekwondo, vestiarios, aseos, duchas e equipamento. s. s.