Lousame celebrou a segunda Xuntanza das Persoas Maiores

Festa dos Maiores
Suso Souto
Jacobo Rey, terceiro pola dereita, na Xuntanza das Persoas Maiores de Lousame. Foto: Xunta

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu este sábado á segunda Xuntanza das Persoas Maiores organizada polo Concello de Lousame. Durante o encontro destacou a importancia de recuperar estes eventos para que as persoas maiores retomen unha vida activa logo da pandemia. O director xeral sinalou que estes eventos serven para que as persoas maiores que viven no rural socialicen e poidan desfrutar dunha xornada xunto a veciñas e veciños. A xuntanza tivo lugar no restaurante O Trapeiro.