Lousame programa dous talleres xuvenís de xestión do mundo virtual e autoestima

Igualdade de xénero
Suso Souto
MESA LOCAL. Agrafojo, no centro, presidindo a reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero. Foto: C.L.

Lousame. A concelleira de Igualdade de Lousame, Silvia Agrafojo, presidiu a reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero, e presentou as actuacións que está a desenvolver o Concello en colaboración co CPI Cernadas de Castro a prol da sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres e as actividades programadas co gallo do 25-N.

Por unha banda, celebrarase o programa Lousame Coeduca, para nenos e nenas de 3 a 16 anos, no que se fomentará a desaparición dos roles e estereotipos de xénero.

Ademais, Lousame vai formar parte do proxecto Municipios contra el maltrato, posto en marcha por Antena 3 Noticias e a Fundación Mutua Madrileña. Con motivo do 25-N levarase a cabo unha concentración diante do consistorio.

En decembro continuarase traballando ca poboación xuvenil, con dous obradoiros para mozos e mozas de 14 a 16 anos. Trátase do taller Re-Conecta, sobre a xestión do mundo virtual e a adición sen substancia, e o taller Cultivando a autoestima, para o crecemento persoal e o reforzamento da autoestima.

No primeiro buscarase que a mocidade reflexione e analice o impacto da tecnoloxía na súa vida diaria, recoñeza as adicións sen substancias e a súas repercusións, fomentando hábitos saudables na xestión do ocio. No segundo dotárase ao alumnado de ferramentas que contribúan ao seu benestar e axuden a analizar presións externas e condutas que dificultan o empoderamento e a autoxestión emocional. s. s.