Luz Angélica exhibe no consistorio ribeirense medio cento de pinturas

Exposición
Suso Souto
APERTURA. Pola esquerda, María José Carreira, Luz Angélica e María Sampedro. Foto: C.R.

RIBEIRA. O consistorio de Ribeira acolle ata o 22 de xaneiro unha nova exposición, nesta ocasión formada por 51 cadros da veciña de Castiñeiras Luz Angélica. O acto inaugural da mostra, titulada Reflejos, contou coa presenza de numerosos veciños e amigos da pintora, quen atopou nos talleres de artes plásticas impartidos polo Concello dentro do programa de maiores unha eficaz terapia na súa loita contra o cancro. Luz Angélica quixo ter palabras de agradecemento para o seu profesor, Fernando Yáñez, así como para a súa amiga Pili e para María José Carreira (compañeira dela na Asociación contra o Cancro de Ribeira) e para o seu marido. A concelleira de Cultura, María Sampedro, resaltou a faceta loitadora e comprometida coa sociedade de Luz Angélica e expresou a súa confianza en que moita xente visitará a súa exposición. s. s.