Máis de 700 persoas participaron no Xantar dos Maiores na Pobra

Festa dos Maiores
Suso Souto
PAVILLÓN. Ó xantar asistiron 700 persoas e celebrouse no pavillón da rúa Venecia. Foto: C.

a pobra. Máis de setecentas persoas maiores de sesenta años, procedentes de distintos concellos, participaron este venres no polideportivo municipal da Pobra nunha nova edición do Xantar de Confraternidade dos Maiores, que estivo presidido polo alcalde, Lois Piñeiro, e polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez. O grupo Trécola foi caldeando o ambiente con música tradicional durante a recepción ós asistentes, aos que lles deu a benvida a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos. A edil referiuse ao público congregado nesta celebración como “un exemplo a seguir que fixo posible o benestar social e que, en moitos casos, constitúe o sostén das súas respectivas familias”. Tras o xantar sorteáronse agasallos doados por Gadis e houbo un baile amenizado por Puzzle. s. s.