Maralla sortea un dos cadros que expón na sala La Doce de Boiro

Arte
Suso Souto
MOSTRA. Maralla sostén o cadro que sorteará entre os que visiten a súa mostra. Foto: M.

BOIRO. A galería de arte La Doce de Boiro expón dende este sábado e ata o vindeiro día 30 de agosto unha colección de cadros da artista ribeirense Maralla, baixo o título de Sabor a sal. Trátase dunha serie realizada ó longo deste dous últimos anos que continúa coa súa particular visión do mar de Corrubedo. Nesta ocasión, Maralla parte do seu entorno máis próximo como fonte de inspiración: obxectos, paisaxes ou natureza, por exemplo. Os seus fondos mariños non amosan a realidade tal e como é, senón como a coñecida artista quere que sexa. Xogos de texturas, miles de azuis, verdes, estrelas, etcétera. A materia pictórica réndese ó servizo do que a autora quere transmitir: un mundo de ilusións, sonos, sensacións e, sobre todo, vida. Maralla sorteará un dos cadros desta serie entre as persoas que visiten a mostra e deixen os seus datos. S. S.