Melloran o polideportivo e o estadio da Pobra

Suso Souto
Tarefas de eliminación de humidades no estadio da Alta. Foto: C.P.

A Pobra. A empresa Constrios S.L. levou a cabo a eliminación de humidades no polideportivo da Tomada, na Pobra, cun investimento municipal de 12.056 euros.

A actuación incluíu a limpeza do caleiro de cuberta, a tapadura de buratos no contorno da pista polideportiva, a limpeza da cuneta, o repaso e a reparación de puntos de humidade en cuberta e a limpeza de paramentos verticais.

Por outra banda, efectuáronse accións para acabar coas filtracións de humidades no edificio que alberga o ximnasio e oficinas de atletismo e almacén do estadio municipal da Alta. Máis polo miúdo, realizouse o forrado exterior no local de oficinas, e aplicouse caucho na parede exterior de bloques do ximnasio, nunha lonxitude de 18 metros. Estes traballos contaron cun investimento de 3.025 € e foron executados pola empresa Tubío Lumasa S.L. s. s.