Muros acolle talleres de estampaxe téxtil, pintura sobre madeira e bordado

Artesanía
Suso Souto
Imaxe do Pozo do Cachón. Foto: Concello de Muros

MUROS. Artesanía de Galicia organiza os Obradoiros de Artesanía de Galicia en Muros, co obxectivo de achegarlle á sociedade os oficios artesanais, visibilizar a citada marca e contribuír á difusión do valor engadido destes produtos. Celebraranse do 11 ao 15 de abril no Muíño das Mareas do Pozo do Cachón ca colaboración do Concello, e inclúense tres talleres abertos a todo tipo de públicos. Os visitantes poderán coñecer de preto tres oficios artesanais (o bordado, a estampaxe téxtil e a pintura sobre madeira) de xeito gratuíto e sen necesidade de inscrición. Os obradoiros realizaranse de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas. A artesá Minia Banet, (Santiago), impartirá o de bordado sobre postais; Xiana Cobo (Santiago) o de estampaxe manual téxtil; e Leonor Díaz, de Como pez en el agua (Vigo), o de pintura sobre madeira. Suso Souto