Nin unha infracción na hostalería de Rianxo tras 408 controis sanitarios

Hostalaría
Suso Souto
Sede da Policía Local de Rianxo.

RIANXO. A Policía Local de Rianxo levou a cabo dende o 26 de xullo 408 inspeccións de establecementos hostaleiros para comprobar o cumprimento das medidas decretadas pola Xunta para a loita contra a pandemia, e non detectou nin unha soa infracción no sector. Por outra banda, identificou a 57 persoas en materia de seguridade cidadá, e decomisou diversas cantidades de sustancias estupefacientes e

psicotrópicos e un arma branca. Os axentes puxeron a disposición xudicial a oito persoas: dúas por delitos contra a seguridade viaria, dúas por violencia de xénero, dúas por delitos contra a propiedade, unha por delito de atentado a axentes da autoridade e unha por tráfico de drogas. Nos 93 controis realizados en materia de seguridade viaria detectáronse 18 infraccións de velocidade, 9 alcoholemias positivas e unha por drogas. S. Souto