Noia e Boiro van acoller ata final deste ano nove espectáculos teatrais

Espectáculos
Suso Souto
Casa da cultura de Boiro.

NOIA. A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrecerá ata final de ano nove actuacións escénicas en Noia e Boiro. O segundo semestre deste circuíto arrancou o venres en Noia cun concerto de Budiño. As restantes actuacións neste concello serán en decembro. O Coliseo Noela acollerá as pezas teatrais Estrela do día, de Producións Teatráis Excéntricas, e O libro da selva, de Teatro Avento Producións. O ano pecharase con novo circo da man de Galitoons e The show moscón. En Boiro a casa da cultura acolle en outubro Bernarda, de Malasombra Producións, e Contos do recreo, de Redrum Teatro, e en novembro, A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro, Semente, O home que plantaba árbores, de Eme2 emocion&arte, e Güela güela, de Galitoon. En decembro chegará A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro. S. S.