Noia premiou ós mellores lectores

Bibliotecas
ECG
Casa consistorial de Noia.

Noia. O Concello noiés vén de premiar aos mellores lectores da biblioteca municipal pois, co obxectivo de promocionar a lectura, creouse un recoñecemento para galardoar ás persoas que realicen máis préstamos durante o ano. Así os agraciados de 2022 resultaron ser María Lucía Lorenzo, Jose Mario Dosil e Ángela Lago. Recibiron un diploma e un bono para gastar en libros. cg