Novo golpe ao furtivismo con sete denunciados, algúns deles de Boiro

Furtivismo
Suso Souto
Imaxe de arquivo dunha actuación contra o furtivismo en Boiro.

BOIRO. Axentes do Eprona, en colaboración con Unidades de Seguridade Cidadá da Garda Civil da Coruña, denunciaron a sete persoas acusadas de furtivismo en varios areais da provincia. Algúns dos investigados son de Boiro, un dos concellos onde tiveron lugar os feitos, ademais de na Coruña e en Oleiros. Asimesmo, un dos denunciados foi detido por ter unha orde de búsqueda, detención e personación xudicial por outros feitos delictivos en varias provincias españolas. Os sete son reincidentes, extraeron do medio natural nos últimos anos uns 900 quilos de moluscos e crustáceos sumando todas as capturas ilegais que realizaron e que deron lugar ás correspondentes infraccións administrativas. A Consellería do Mar abrira expedientes sancionadores contra

eles e impuxéralles sancións que, en suma, superan os 1.175.000 euros. S. Souto