O chef rianxeiro Manuel Gómez gaña un certame entre 470 aspirantes

Chef
Suso Souto
MEDALLA e DIPLOMA. Almón, esquerda, Muíños, Gómez e Carmen Rodríguez. Foto: S. S.

RIANXO. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, presidiu este xoves o acto no que o chef local Manuel Gómez recibiu o diploma e a medalla que o acreditan como gañador dun certame celebrado por streaming a nivel internacional no que competiron 470 cociñeiros de varios países. Trátase dun concurso organizado polo grupo de empresas MNG e, aínda que non tiña asignación económica, Manuel Gómez dixo que para el supón un gran recoñecemento. Ao longo de varias sesións, o chef rianxeiro foi superando diversas fases do concurso, elaborando cinco pratos con produtos do mar. No acto celebrado no Concello estiveron tamén Santiago Almón (da firma Gambino, que fixo o seguimento do certame), e familiares de Manuel Gómez, entre eles a súa avoa Carmen Rodríguez que, por desexo del, lle colocou a medalla. Muíños fíxolle entrega do diploma. S. S.