Operativos xa os doce puntos wifi gratuítos de Ribeira

Novas tecnoloxías
Suso Souto
O mercado municipal é un dos doce puntos de conexión wifi gratuíta. Foto: Suso Souto

Ribeira. Xa están en funcionamento na cidade de Ribeira os doce puntos wifi gratuítos habilitados no marco do proxecto WiFi4EU, froito do convenio subscrito entre o Concello e a Axencia Executiva de Innovación e Redes da UE. As doce localizacións son as seguintes: praza consistorial, área da Oficina de Atención Cidadá (concello), interior do mercado municipal, centro cultural Lustres Rivas, biblioteca municipal, exterior da Oficina de Turismo do Malecón, parque situado xunto á UAD, merendeiro da praia de Coroso, complexo polideportivo da Fieiteira, conservatorio Enrique Paisal, Praza do Centenario e entorno da nova terminal de autobuses.

Para conectarse basta seleccionar o sinal wifi identificado como Wifi4YOU. s. s.