Organizan un concerto a beneficio de Cáritas para o domingo 20 en Ribeira

Conciertos
Suso Souto
Borja Quiza, esquerda, e Fernando Briones.

RIBEIRA. O auditorio de Ribeira acollerá o vindeiro domingo día 20 ás 19.00 horas un concerto a beneficio de Cáritas, que protagonizarán Borja Quiza (barítono lírico) e Fernando Briones (pianista e profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña), baixo o título A emigración galega. Cancións de ida e volta. Trátase dun concerto lírico para voz e piano, e as cancións intercalaranse con explicacións das mesmas en termos de contexto histórico e sociocultural, falando dos compositores, o significado das letras ou a súa popularidade. Farase un repaso polas cancións multiculturais que unen a Galicia cos tres países vinculados con ela a través da emigración: Cuba, Arxentina e México. Ao finalizar, membros de Cáritas realizarán o sorteo dos agasallos desta campaña. A entrada é gratis, previa recollida no local parroquial de Cáritas. s. souto