Os obradoiros pobrenses de conciliación comezan o 23

Haberá tres quendas ata o sete de setembro e ofrécense os servizos Madruga e de comedor
conciliación
Suso Souto
Pola esquerda, a edil de Igualdade da Pobra, Charo Varela; o alcalde, Lois Piñeiro; e a coordinadora de Deportes, Ana Romero, na presentación dos obradoiros Móvete. Foto: C.P.

A Pobra. Un ano máis, o Concello da Pobra achega a opción de conciliar durante a tempada estival cos obradoiros Móvete, que terán lugar no CEP Salustiano Rey Eiras con monitorado titulado entre os días 23 de xuño e 7 de setembro, coincidindo coas vacacións de verán dos escolares con idades comprendidas entre tres e doce anos.

Este programa ten como obxectivos, ademais de favorecer la conciliación, o fomento dos valores da convivencia e autoestima, a mellora das habilidades motrices básicas, contribuír ao desenvolvemento dunha autonomía persoal e o establecemento de relacións de compañeirismo e amizade.

Haberá catro quendas: a primeira será do 23 ó 30 de xuño, por un importe de 15 €, con 50 prazas; a segunda, en xullo, por 60 €, con 130 prazas; a terceira, en agosto, por 60 €, con 130 prazas; e a cuarta, no período comprendido dende os días 1 e 7 de setembro, por 15 €, con 50 prazas.

Aplicarase un desconto do 50 % á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a. O horario é de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, con posibilidade de entrar ás 10.00 horas. Esta prestación compleméntase cos servizos de Madruga e de comedor. A data límite para se matricular na primeira quenda remata o vindeiro 21. s. s.