Os pobrenses reciclaron o ano pasado máis de 35 toneladas de roupa usada

Reciclaxe
Suso Souto
Humana ten contedores na rúa Gasset, en Rafael Dieste, San Lázaro e en Caíños. Foto: H.

A Pobra. Darlle unha segunda vida a aquelas pezas de roupa que xa non se usan é a premisa do proxecto da reciclaxe de téxtil existente na Pobra cunha ducia de colectores repartidos pola súa xeografía.

Trátase dunha fórmula para darlles unha nova utilidade á roupa e ó calzado que acadou as 35,23 toneladas no pasado ano; cifra que descende con respecto a 2021, cando se estivo a piques de chegar ás 40 toneladas. O número de entidades que efectúan a recollida son tres. A empresa de inserción sen ánimo de lucro Arroupa (cor vermella), unha iniciativa promovida por Cáritas, dispón de contedores na Virxe do Monte, O Xobre, A Angustia e Caíños. Humana (cor verde) ten presenza nas rúas Gasset, Rafael Dieste e San Lázaro e en Caíños. E Texlimca (cor azul) conta con puntos na rúa Díaz de Rábago, no recheo, no paseo marítimo e na rúa Venecia.

Cáritas rexistrou o maior volume, con 13,45 toneladas, seguida de Humana (12,41) e Texlimca (9,37). s. souto