Outes abre o prazo dos servizos de conciliación

conciliación
Suso Souto
Fachada do CEIP Plurilingüe de Outes.

OUTES. O Concello de Outes pon a disposición das familias para o curso 2021-2022 os servizos de conciliación Madrugadores (de acollida e coidado, no que os menores poden almorzar) e Tardes Divertidas (consistente na ampliación do horario de saída do centro en dúas horas, unha vez finalizada a xornada escolar, de luns a venres, días lectivos, entre os meses de outubro e maio). Ditas actividades, dirixidas a nenos de 3 a 12 anos, desenvolveranse no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes. O servizo Madrugadores empezarase a prestar o primeiro día do curso escolar, e o Tardes Divertidas o un de outubro. O prezo da matrícula é de vinte euros mensuais en cada un deles, podendo ser utilizados por un importe de dous euros por día e servizo. O prazo de inscrición está aberto xa ata o dous de setembro. Os que fagan uso dos dous programas terán unha bonificación do cincuenta por cento no importe do segundo servizo. S. S.