Outes abre o prazo para novos ingresos no Punto de Atención á Infancia

Infancia
Suso Souto
Entrada do Punto de Atención á Infancia de Outes. Foto: C.O.

OUTES. O Concello de Outes recorda que ten aberto ata o día 15 de abil o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso no Punto de Atención á Infancia para o curso 2021/2022. Ditas solicitudes poden presentarse por medios electrónicos, a través da sede electrónica do Concello ou de xeito presencial, pedindo cita previa coa educadora familiar no teléfono 637 063 653. A concelleira de Igualdade e Benestar, Raquel García, valorou moi positivamente a aplicación da nova normativa que regula o PAI e que permitiu ampliar os horarios de funcionamento do mesmo e posibilitar unha conciliación real das familias usuarias. Así, no presente curso matriculáronse 26 alumnos en turno de mañá e de tarde. Nestes momentos trabállase para mellorar as instalacións e cambiar a ubicación do PAI, situándoo no antigo colexio do Cruceiro de Roo. s. s.