Outes abriu o musealizado estaleiro de Ciprián, novo referente turístico da vila

Carpintería de ribera
Suso Souto
inauguración. Pola esquerda, Iago Dopico, Óscar Fuertes, Inés Monteagudo, Susana Rodríguez, Manuel González, Manuela Oviedo, Alba Quintela e Santiago Freire. Foto: Xunta

outes. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, presidiu este sábado en Outes a apertura ó público do musealizado estaleiro tradicional de Ciprián, que se rehabilitou e acondicionou como centro de interpretación da carpintería de ribeira con financiación do GALP Costa Sostible e do Concello. Rodríguez puxo esta iniciativa como exemplo de recuperación do patrimonio marítimo relacionado coa carpintería de ribeira. A Xunta aportou 103.000 euros para a rehabilitación desta instalación (que estivo en activo de 1942 a 1980) e outros 200.000 euros para a adecuación da contorna, que consistiu no acondicionamento da parcela da parte superior do estaleiro, na mellora da accesibilidade e na creación dun punto de información de carácter móbil. Pola súa banda, o Concello aportou 250.000 €. s. souto