Outes ultima a mostra de cinema documental ‘Mares da fin do mundo’

Cinema
Suso Souto
O alcalde de Outes, Manuel González, terceiro pola esquerda, unha das actividades da pasada edición da Mostra. Foto: MFM

OUTES. A localidade de Outes xa ten data para a quinta edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da fin do mundo. Será do 28 de outubro ó 1 de novembro e a convocatoria está aberta ata o vindeiro día quince de agosto. Ademais da competición oficial inclúe dúas seccións: Proa, na que cada ano se programan filmes e cineastas na vangarda do cinema da realidade, e Popa, dedicada á proxección de arquivos e filmes históricos. O programa cinematográfico complétase con proxeccións especiais, como os filmes de inauguración e clausura, tanto internacionais como galegos. Esta programación acompañase con diferentes actividades paralelas de interese cultural e turístico. Pola súa banda, o denominado Obradoiro de Cinema achegará á mocidade coñecementos dos oficios do cinema incentivando a creatividade. suso souto