Patronal e Cruz Vermella de Boiro selan un acordo para accións conxuntas

Cruz Roja
Suso Souto
CONVENIO. Ricardo López, esquerda, e Daniel García, asinando o convenio. Foto: ABE

BOIRO. O presidente da Asociación de Empresarios de Boiro, Daniel García, e o vicepresidente da agrupación local da Cruz Vermella, Ricardo López, asinaron un convenio para colaborar na difusión e mellora dos programas sociais da organización. En virtude desta alianza, ambas entidades compartirán información, orientación e asesoramento, establecerán canles de coordinación entre os seus asociados e usuarios e fomentarán a realización de prácticas de carácter laboral nas empresas adheridas á patronal. Este acordo servirá tamén para captar e fomentar o acceso de potenciais usuarios aos servizos da Cruz Vermella, así como para realizar de forma conxunta accións de carácter social no municipio ou promover a inclusión laboral dos usuarios de dita organización social no tecido empresarial boirense. S. S.