Pesar en Carnota pola morte do concelleiro de Deportes, Rafael Antonio Riveiro

Óbito
Suso Souto
Bandeiras a media asta ante o Concello de Carnota. Foto: C.C.

O Concello de Carnota está de loito polo falecemento do concelleiro de Deportes, Patrimonio e Participación Veciñal, Rafael Antonio Riveiro Piñeiro. O edil faleceu na mañá deste mércores de forma repentina. “Estamos consternados. Déixanos un home comprometido co noso concello e, sobre todo, co seu Pindo natal, polo que desvivía”, sinala o comunicado publicado no Facebook do Concello. As bandeiras ondean a media asta en sinal de dó. A Corporación municipal e os traballadores do Concello fixeron chegar o seu pesar á familia “e a todos aqueles que lle querían ben, que eran moitos”.