Pesar polo falecemento do xefe da Policía Local de O Son, Alberto García

Obituario
Suso Souto
Alberto García Pouso, O Cameixo, tiña 56 anos. Foto: G.

O Son. O falecemento do que foi xefe da Policía Local de O Son durante máis de 30 anos, Alberto García Pouso, O Cameixo, causou un fondo pesar no concello, onde era moi coñecido e querido. García, que tiña 56 anos e vivía só, atopábase de baixa laboral dende hai dous meses por un esguince, pero tiña previsto reincorporarse nuns días.

Sen embargo, foi visto por última vez o luns e dende entón non acudía ás sesións de rehabilitación. Foi o seu fisioterapeuta quen, ó non dar contactado con el, avisou a un dos dous fillos de García, que se personou na casa e o atopou tendido na cana, sen vida, por causas naturais. O alcalde, Luis Oujo, dixo que “era unha boa persoa e un policía que colaboraba en todo”.

A capela ardente está instalada na sala tres do Tanatorio de O Son. Dende alí serán trasladados os seus restos mortais este xoves 29 ás 15.45 horas ata a igrexa de San Vicente de Noal, onde se oficiará o funeral. Será soterrado no cemiterio parroquial. s. s.