Pilar García Cascallar recolleu o vale como gañadora do sorteo da Milla Virtual Heroínas de Sálvora, en Ribeira

Solidariedade
Suso Souto
A edil Juana Brión, esquerda, entrega o premio a Pilar García Cascallar. Foto: C.R.

Pilar García Cascallar recolleu o seu vale como gañadora do sorteo consistente nunha cea para dúas persoas entre todas os que participaron na Milla Solidaria Heroínas de Sálvora, que nesta segunda edición (celebrada nos pasados días 2 e 3 de xaneiro) tivo lugar de forma virtual con 119 inscritos. A concelleira de Deportes de Ribeira, Juana Brión, foi a encargada de entregar o vale acreditativo á afortunada, que participou co dorsal 51. Hai que recordar que a recadación do evento, que este ano cadrou co centenario do afundimento do vapor Santa Isabel e a valerosa intervención das heroínas, foi destinado á Fundación Faibén de Apoio á Infancia.