Política Social vai colaborar para ampliar a Aula de Música de Aguiño

Infraestruturas
Suso Souto
Aula de Música de Aguiño. Foto: C.R.

Ribeira. A Consellería de Política Social vai colaborar na ampliación da Aula de Música de Aguiño (Ribeira). A tal efecto asinarase un convenio entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que permitirá a construción de aulas destinadas á formación de persoas maiores. En setembro iniciouse unha actuación destinada a reordenar a contorna da instalación que incluíu a creación dunha nova zona de aparcamentos, o cambio de ubicación do seu parque infantil (cun pavimento de caucho continuo) e a dotación dunha nova capa de aglomerado asfáltico á rúa aledaña Manuel Murguía. s. souto