Profesorado do CRA de Rianxo inicia un curso sobre aulas multigrao

É a primeira acción formativa que se leva a cabo en Galicia sobre ese método didáctico
Educación
Suso Souto
Á dereita, escola unitaria de Rañó, en Leiro. Foto: CRA Rianxo

Rianxo. O profesorado do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Rianxo vaise formar na didáctica das aulas multigrao. O curso terá lugar o luns 25 ás 16.00 horas no auditorio. A importancia do curso radica en que por primeira vez en Galicia desenvólvese unha acción formativa que aborda a didáctica específica en aulas multigrao, xeralmente asentadas en zonas rurais.

Á inauguración asistirán o alcalde, Adolfo Muíños; Xesús Manuel Álvarez, director xeral de Centros e Recursos Humanos; Ángel Rodríguez, director do CAFI Galicia; e María Vázquez, directora do CRA. Javier Castillo, responsable de impartir a formación, é mestre dun aula multigrao na comunidade de Aragón, está realizando a súa tesis doctoral sobre escolas rurais, conta con experiencia na imparticipación de acccións formativas que abordan metodoloxías en aulas multigrao e foi recoñecido como un dos cen mellores docentes do mundo no uso do enfoque Flipped Classroom.

Outra das accións desta especialización é a execución do proxecto europeo Rustic Multigrao, que permitirá viaxar ao profesorado do CRA rianxeiro para observar escolas de distintos países da Unión Europea cuia organización non é graduada, e así poder transferir coñecementos que sexan aplicables ao noso sistema educativo. s. s.