Programan na aula Cemit boirense oito novos cursos

Novas tecnoloxías
Suso Souto
Fachada do centro social de Boiro.

Boiro. A aula Cemit do Concello de Boiro, ubicada no centro social, ofrece novos cursos de formación tanto en modalidade presencial como online nos meses de maio e xuño.

O prazo para poder facer as inscricións está xa aberto e as persoas interesadas poden facelo chamando ao número de teléfono fixo 981 842 635 ou ao teléfono móbil 629 769 139, así como enviando un correo electrónico ao enderezo axentetic@boiro.org.

As xornadas online do mes de maio será de Facusol e vanse impartir entre os días 2 e 12, de 10.00 a 12.30 horas. Durante o mes de maio vanse impartir ademais as xornadas formativas en modalidade presencial sobre iniciación a Internet, do 2 ao 5; correo electrónico de Gmail, do 9 ao 12; e deseño 3D sketchup, do 18 ao 26. No mes de xuño vanse impartir xornadas de community manager, do 30 de maio ao 9 de xuño; de edición de vídeo en PC e móbil, do 13 ao 16 de xuño; tramitación electrónica, os días 21 e 22 dese mes; e deseño gráfico Inkscape, do 27 ao 30.

Polo que respecta ó presente mes de abril, están programados para o día 19 un curso de compras seguras por Internet; para o 26, un sobre a vova tarifa de luz; e do 25 ó 29, un de iniciación á informática e Internet. s. souto