Quince autores asinarán as súas últimas obras na Feira do Libro de Rianxo

Feira do Libro
Suso Souto
A escritora Montse Fajardo. Foto: Facebook

RIANXO. A alameda de Rianxo acollerá do 22 ó 25 a Feira do Libro. As oito librarías abrirán de 12.00 a 14.00 (ata as 14.30 na fin de semana) e de 18.30 a 22.30. O pregón darao Montse Fajardo, quen asinará exemplares de A vida incerta. Terán tamén encontros co público Arantza Portabales (A vida secreta de Úrsula Bas); José Carou (Hemisferio auga); Fon (Gazafellos); Denis Maza (La mística de un gramo de arena); Patricia Torrado (Don Carlos e o misterio dos Lucecús); Lois Oreiro (Os mundos de agora); Maite Mosconi (Gaedheal: Libro I de las invasiones e Sangre y ceniza: relatos de la Geadheal, 1); Xosé A. Perozo (O libro das avoas); Ángel Otero (Para llegar a ti); Helena Villar (Alba e A fuga de Guillermo); Juan Galán (Romanza de los naranjos en flor); Rena Ortega (Bo camiño, peregrino!); Rober Cagiao (Cuadernos Azabache); e Ramón Torrado (Torino). S. S.