Quince ribeirenses fan cada semana unha das etapas da Ruta A Orixe

Camiño Xacobeo
Suso Souto
o xobre. Os peregrinos ribeirenses cas bandeiras de Ucraína ante a igrexa do Xobre. F: C.

RIBEIRA. Unha quincena de veciños e veciñas do municipio de Ribeira están percorrendo o Camiño de Santiago polo Barbanza A Orixe, continuando coa iniciativa de aproveitar as fins de semana para ir completando treitos deste itinerario xacobeo. Nesta ocasión fixeron a terceira etapa, que cunha distancia de 32,3 quilómetros é a máis longa das seis que o compoñen, enlazando a igrexa de Santa María do Caramiñal, na Pobra, coa igrexa de San Vicenzo de Cespón, en Boiro, e atravesando lugares como Escarabote ou Cabo de Cruz, dous enclaves de fonda tradición mariñeira. Os participantes (entre os que estaban os edís Juana Brión e Víctor Reiriz, ademais de Manuel Mariño, presidente da Asociación de Amigos do Camiño do Barbanza A Orixe) quixeron expresar o seu apoio aos ucraínos exhibindo varias bandeiras desta nación. S. Souto